Cada día somos máis as persoas e os movementos sociais, veciñais, políticos ou sindicais que demandamos un cambio profundo para acadar unha democracia verdadeiramente participativa e representativa, que traballe a prol das necesidades das persoas. E para asumir un reto tan importante precisamos da creación de novos mecanismos de participación social e intervención política.

Ler o resto do manifesto

Urxe un espazo de encontro onde podan participar amplos sectores da sociedade, con presenza nos barrios, nos centros de traballo, no tecido cultural, para recuperar a nosa cidade e devolverlla á cidadanía.
Porque sobran os intereses espurios na política, sobran privilexios duns poucos, e sobra a corrupción -que campa con total impunidade- e a privatización do que é de todos, é urxente un compromiso xeral e xeneroso arredor destes obxectivos básicos:
– Democracia directa e partícipativa, sen intérpretes nin intermediarios alleos á vontade popular.
– Nin un paso atrás na defensa do Estado do Benestar.
– Transparencia absoluta na xestión dos intereses públicos.
– Defensa plena da nosa identidade cultural, da igualdade e da integración social e cultural.
– Medidas de urxencia contra a pobreza (alimentación, vivenda, subministros de auga, luz e gas).Un concello sen desafiuzamentos nin fame.
– Loita contra o paro e a precariedade. Apoio á economia social.
– Tolerancia cero coa corrupción.
– Redución drástica dos custos da corporación municipal.
– Que o concello de Lugo sexa un lugar onde a mocidade teña un futuro.
– Un novo urbanismo, racional e que potencie a rehabilitación social, os alugueres dignos e os transportes públicos.
– Un cambio nas ordenanzas fiscais municipais de xeito que se garanta a súa equidade e progresividade.
– Que se respecte o medioambiente e se acade un desenvolvemento sostible.
– Dar á xente de Lugo o poder de tomar as decisións que marcan a política municipal.
– Recuperar os servizos que pertencen ao concello de Lugo e que os políticos no poder outorgaron a dedo ás empresas da súa conveniencia.
Para conseguilo é imprescindible que as persoas que vivimos en Lugo nos unamos a favor dos nosos dereitos e contra toda clase de privilexios.
Se cres que en Lugo se pode e se debe conformar unha alternativa desde a cidadanía para gobernar o concello desde o 2015, non deixes que outros decidan por nós.

UNETE!

Participa

Nome e apelidos:*
Documento de identificación*
E-mail:
Teléfono de contacto:
En que área estaría interesado en participar?
*

ÚLTIMAS NOVAS

Lugonovo interpelará á Xunta pola salvaxe talla de Calde

“Non é unha talla, é unha aberración”. Nestes termos se refire Iñaki García á deforestación salvaxe que a Xunta levou a cabo en Calde. “Dun bosque fixeron un deserto baixo o pretexto de garantir a seguridade. Un aspecto polo que...

Lugonovo aplaude que, por fin, Monbus acate a imaxe corporativa do Concello

Os edís e a edil de Lugonovo amosan a súa satisfacción porque, por fin, os autobuses urbanos da cidade muden de color para adaptarse á imaxe corporativa do Concello. Un factor, segundo o voceiro da formación, que non é nimio...

Lugonovo cualifica de “trágala” o Plan de Investimentos do goberno

“É a enésima mostra da prepotencia dun goberno que, en abafante minoría dentro da Corporación, insiste en manter os erros que conducen a este Concello á deriva”. Así é como o voceiro de Lugonovo describe as formas coas que o...

GRUPO MUNICIPAL

A TÚA OPINIÓN CONTA

Queremos saber de ti, das túas preocupacións, das túas suxerencias para facer un Lugonovo.

O NOSO PROXECTO DE CIDADE

Lugonovo ten un proxecto de cidade. Ningunha forza política ou candidatura cívica detenta propiedade nin poder para marcarlle a unha sociedade o que debe ser, máis ben terá que advertir carácter ou tendencias, tomar pulo,, propoñer un sentido de ordenación e funcionamento para a cousa pública. Nun dodecálogo.

A sintonía de LugoNovo

Presiona aquí para acceder ao vídeo en Youtube e compartilo coas túas amizades!