Lugonovo pregunta polos recursos investidos no acollemento a refuxiados

 

Refugiados

Os datos son devastadores. No que vai de ano, ao redor de 2000 persoas perderon a vida no Mediterraneo, entre eles máis de 150 nenos, tratando de fuxir dos seus países de orixe na busca dun novo fogar.

O conflito Sirio contribuíu a recruar as cifras da inmigración ate o punto de que os falecidos aumentaron en medio milleiro en 2016 con relación ao exercicio anterior, magnificando a problemática e obrigando tamén a incrementar a concienciación social e a intervención política na procura de solucións.

A portavoz de Lugonovo recupera hoxe este tráxico balance para cuestionar se as medidas que se puxeron en marcha, tamén a nivel municipal, están resultando eficaces.

“No que vai de mandato, a Corporación aprobou en dúas ocasións sendas proposicións encamiñadas a artellar tanto os procedementos de recepción de refuxiados como os mecanismos de axuda axeitados mais, ate o momento, non transcendeu publicamente ningunha información sobre o traballo realizado”, explica Cristina Pérez Herráiz.

A voceira refire que presentará varias preguntas á próxima Comisión de Benestar Social co obxectivo de coñecer cales foron as medidas impulsadas, ao respecto, dende a administración local e, sobre todo, con qué resultados.

“Aspectos como o número de acollementos que se materializaron ou cales foron os recursos que se destinaron a este fin parécennos determinantes para medir, en termos obxectivos, a implicación da institución nesta cuestión”, subliña Pérez Herráiz quen sinala que xa no pasado mes de marzo a Ong Aministía Internacional advertía da chegada á provincia de Lugo duns sesenta refuxiados “dos que nada se sabe sobre como foron reasignados entre as localidades que dispoñen de espazos habilitados para a súa atención”.

Sen comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *