Lugonovo propón instalar un semáforo na Porta Miñá que permita a dobre dirección de acceso aos residentes do Casco Histórico

170713 Semáforo Porta Miñá

Lugonovo solicitará ao goberno que estude a posibilidade de instalar un semáforo para regular o acceso do tráfico rodado ao Casco Histórico a través da Porta Miñá.

Unha vella reivindicación veciñal da que dá conta a voceira da formación.

“Actualmente só se permite entrar aos turismos pola Porta do Carme pero non saír, a excepción daqueles vehículos, como os do servizo de limpeza, que polas súas dimensións non collen pola Porta de Santiago”, explica Cristina Pérez Herráiz.

“Esto provoca que os residentes na contorna se vexan obrigados a dar un rodeo pola Tinería, o Miño e a Rúa Nova ata chegar a Bolaño Rivadeneira e San Fernando. Un percorrido innecesario que dificulta a mobilidade nas vías peonís xa saturadas, de por sí, cos furgóns de carga e descarga”.

A medida permitiría substituír un traxecto de kilómetro e medio por outro de 65 metros, libre de obstáculos como son as mesas e cadeiras das terrazas de hostalaría.

Para aforrar as molestias aos viandantes, tempo e combustible, Pérez Herráiz propón colocar un semáforo de preferencia que, en coordinación cos da Ronda, solvente as deficiencias de visibilidade que presenta este tramo do monumento.

“O dispositivo, que podería ubicarse na intersección do Miño coa Tinería onde existe maior espazo para manobrar, posibilitaría establecer a prioridade de paso e axudaría a aliviar, en certa medida, a circulación que se rexistra dentro de Murallas ademais de mellorar a habitabilidade na zona”, conclúe a portavoz de Lugonovo.

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *