CRÓNICA DO PLENO DE ABRIL: UN PASO MÁIS PRETO DUN CASCO HISTÓRICO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

photo5773759905524721879

Lugonovo acadou no Pleno deste mes de abril a unanimidade á súa proposta para ampliar a declaración de Patrimonio da Humanidade que xa teñen a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo a todo o Casco Histórico. Unha medida, coa que a formación, trata de mellorar a conservación desta parte da cidade e de pular pola súa rexenaración.

Asemade, a edil Cristina Pérez Herráiz puxo de manifesto no transcurso da sesión a necesidade de dotar dun regulamento propio aos centros socioculturais e de convivencia do Concello coa fin de dotalos dun marco legal que rixa o seu funcionamento de forma obxectiva.

E, un mes máis, a agrupación municipal decidiuse pola abstención para permitir que se habilitarse crédito co que pagar aos proveedores da administración local. Un posicionamento que os concelleiros e a concelleira de Lugonovo manteñen dende o inicio do mandato, por responsabilidade e antepoñendo o dereito das empresas a cobrar polos servizos prestados pero deixando moi claro tamén o seu rexeitamento á xestión efectuada polo goberno en materia económica.

Sen comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *