Tipos de votacións presencial e telemática

Inicio Primarias Tipos de votacións presencial e telemática

Primarias: Tipos de votacións presencial e telemática

Os dias das eleccións a primarias serán o 29 e 30 de Marzo

Poderáse votar de duas formas:

• A)- Presencial: acudindo ó Colexio Electoral, de cuxa ubicación informarase ó longo desta semana. Acudirase co DNI. (Se nel non aparece a residencia en Lugo e o elector/ra residira na cidade cómpre levar un documento acreditativo de residencia en Lugo : Factura de luz, aluguer do piso, etc….)

Lugar: O Carneiro Alado, Salvador de Madariaga, 8 bajo, 27002 Lugo- Horario de 10 a 20 horas

• B)- De xeito telemático dende a casa ou calquer lugar onde se atope neses días, a traverso dun ordenador. Na páxina de www.lugonovo.gal existirá un enlace á votación ou eleccións. Pedirase que escriba o seu DNI e seralle enviada unha contraseña por teléfono, que deberá introducir cando se lle pida. (Poñeranse as instruccións da votación na páxina) (ATENCIÓN Á NOTA FINAL DO TEXTO)

Tipos de votación:

O elector ou electora poderá realizar dúas votacións: unha para escoller á persoa que encabezará a lista e unha segunda para completar a lista. (resto da lista = concelleiros).

1. A votación da CABEZA DE LISTA: Dado que se presentan dúas candidaturas a votación resolverase por voto simple (os electores votarán a un dos dous candidatos).

2. No acto de votación DO RESTO DA LISTA, cada elector/electora poderá escoller como máximo a 10 persoas ordenadas do 1 ao 10, (hai que numeralas ao votar: 1, 2, 3, 4…..) e como mínimo a 4, ordeadas do 1 ao 4, respetando a proporción mínima de 60%-40% de cada xénero. Por exemplo:

Voto a 10 persoas 6 dun xénero e 4 doutro
Voto a 9 persoas 5 dun xénero e 4 doutro
Voto a 8 persoas 4 dun xénero e 4 doutro
Voto a 7 persoas 4 dun xénero e 3 doutro
Voto a 6 persoas 3 dun xénero e 3 doutro
Voto a 5 persoas 3 dun xénero e 2 doutro
Voto a 4 persoas 2 dun xénero e 2 doutro

A orde numeral é importante (NO RECONTO DA VOTACIÓN) o nº 1 levará un punto; o nº 2 levará 1/2 punto; o nº 3 levará 1/3 de punto, e asi respectivamente.

3. Os votos cuxa composición de xénero non garanta un reparto mínimo do 40% de persoas de cada xénero non poderán ser tidos en conta.

NOTA: Para censarse como votante de xeito telemático cómpre asinar o manifesto na web de lugonovo.gal e posteriormente cubrir os datos correspondentes na sección “Formulario de Inscripción no censo para votar nas primarias de Lugonovo”. Posteriormente debe enviar DNI escaneado (se xa figura nel a residencia en Lugo) e tamén una fotocopia escaneada dunha factura cos seus datos personais se fora residente pero non aparecera a residencia no DNI. Tódolos documentos deberánse enviar a primarias@lugonovo.gal (DATA LÍMITE DA ENTREGA: 27 de Marzo)