Proxecto de cidade

Inicio Proxecto de cidade

O NOSO PROXECTO DE CIDADE

Lugo é cidade antiga e, porén, queremos un Lugo novo. Actualizar esta realidade urbana con máis de dous mil anos é materia complicada, porque iso que chegue non debe destruír o moito valioso que se herda e posúe. Complicado labor, tamén suxestivo.
Lugonovo ten un proxecto de cidade. Ningunha forza política ou candidatura cívica detenta propiedade nin poder para marcarlle a unha sociedade o que debe ser, máis ben terá que advertir carácter ou tendencias, tomar pulo,, propoñer un sentido de ordenación e funcionamento para a cousa pública. Nun dodecálogo.